Ola!
Chámome Xin Xin e vouvos a contar a miña historia. Eu nacín moi lonxe de Lugo, nun pobo da China, e alí, cando era moi pequeniña vivía con outras nenas e nenos nunha casa grandísima con xardín, ó que saíamos, cando facía sol, a perseguir bolboretas ¿Será por iso que me gusta tanto pintalas?
Unha mañá, a algunhas nenas bañáronnos e puxéronnos moi guapas. Logo leváronnos a unha sala onde nos atopamos, por primeira vez, coas nosas mamás e os nosos papás que viñeran en avión a China desde moi lonxe. Cando nos coñecemos, todos chorabamos de ledicia, eu estaba un pouco asustada, a verdade: collíanme, dabanme bicos e apertas e sorrían, e falaban sen parar ...... Cousa de tolos.. Despois e durante uns días, viaxamos por varias cidades e fomos ver sitios moi bonitos do meu país: a Muralla, a Cidade Prohibida, o Templo do Ceo... e os meus pais querían comer con palillos, o arroz e o polo frito, pero era de risa porque non collían case nada, e tamén querían falar un pouco o chinés e dicían “nihao” e “xiè xiè”.
Eu non me lembro destas cousas, pero estou en tódalas fotos, ainda que, nas primeiras, un pouco seria de mais. Na maioría estou cun vestido moi bonito, que mamá di que era o meu preferido, que o collía en canto o vía e xa non o soltaba. ¡Encántame porque ten uns colorins preciosos e uns debuxos que parecen bolboretas! Para voltar a Lugo tardamos 20 horas .¡¡¡¡ Buf !!!......¡Canto tempo! !!!!!!!!!!! Os meus pais viñan cargados de maletas con moitos agasallos para a familia e os amigos, e para mín ¡¡un montón de cousas!! que me axudan a acordarme do meu país... Cando chegamos, no aeroporto, estaba unha morea de xente, esperándonos cunha pancarta que poñía : BENVIDA XIN XIN! ¡¡¡¡¡¡Foi máis bonito!!! Todos rían, falándome e queríanme coller, abrazar, dar bicos... ¡Todos á vez! ......Todos menos a aboa, que choraba. Ela sempre di que era de ledicia porque levaba esperándome moito tempo, moitos anos. E, eu tiña cara de susto e agarrábame con moita forza a miña nai. ¡¡¡Así, de repente, era moita festa para min... !!! Agora encántanme as festas e máis se están os meus curmáns e os meus amigos. Porque agora xa son grande e vou ao cole.
Gústame moito ir porque pintamos, recortamos,... e ¡¡ xogamos todolos nenos e as nenas xuntos !!. Ás veces chámanme chinola, chinorris, chinita,... ¡e que ben !, porque eu estou encantada de ser chinesa e que se note, eu son unha galega china, pero o que é mais importante, como dí a miña nai, é que todos somos cidadás do mundo.
Na escola hai nenos de todas as cores: morenos, louros, chineses, negros, rubios. Algúns naceron en Lugo, outros en España e outros ¡¡ ainda máis lonxe !! ¡Coñezo xente que naceu moi lonxe¡ No outro lado do mundo, coma min. Gústame saber cal é o seu país de orixe porque así miro o mapa para ver onde queda. E como me gusta moito debuxar, logo pinto un mapa do mundo, cos seus continentes e países, ¡ hai un montón !, porque o mundo é moi grande ¡grandísimo!
Espero que vos guste este debuxo do mundo mundial ó que lle pintei cariñas para que vosoutros o coloreis.
Tamén me gusta ver os programas da tele nos que sae xente diferente a nós, que vive de maneira moi distinta, en lugares preciosos os que me gustaría viaxar. Ás veces penso que o mundo é coma un gran arco da vella, e as persoas somos as súas cores, e ainda que por fora somos distintos, por dentro somos todos iguais, que é o que importa; sen ir mais lonxe, o outro día o meu amigo Rael, que é negro co pelo moi rizo, cortouse e tiña o sangue vermello como meu. Con todo, a miña amiga Mercé di que ela ten o sangue azul porque é unha princesa, pero eu creo que lle bota moita imaxinación... Eu tamén son a princesa da miña casa, e incluso poido ser a raíña...
O divertido é que todos poidamos xogar xuntos e pasalo ben sen importarnos de onde somos ou como somos...
¡¡ Menudo rollo !! Hoxe xa me pasei un pouco ¿non?. Outro día cóntovos o que quero ser de maior.

4 comentarios:
Resulta que "Miña Historia" é un conto moi bonito.
E a contadora -a periodista María Piñeiro- presentou o conto como que ia ler unha carta que unha nena escribira o Progreso, e as nenas que escoitaron o Contacontos sentiron que contaban algo que elas tamen podían escribir e pintar.

parecenme unhas actividades moi acertadas, espero poder participar na seguinte. ¿pode ser interesante abrir a oferta a mais colectivos?
MARINA DIXO
moi bonito e moi emocionante
suuuuuuuuuuuuuuuperdivertidooooooo
cccoooooooooooooooomo mola cheng
bao e o mejooooooooooooooooor
Publicar un comentario