Mostrando entradas con la etiqueta escola. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escola. Mostrar todas las entradas

miércoles, 1 de febrero de 2017

CURIOSIDADES DE CHINA



Nosa amiga Song Yuan Yuan é de Bejing e xa leva dous anos en Lugo como profesora axudante na Escola Oficial de Idiomas de Lugo.

É unha persoa axeitada para presentarnos o seu país nunha charla:

    Curiosidades de China

Está presentación terá lugar na Casa da Xuventude  (R. Bal e Gay de Lugo)

- sábado 11 de febreiro
- de 18:00 h ata 19:00 h 

               Quedades convidados a vir e preguntarlle algunha cousiña   

viernes, 1 de octubre de 2010

Festa de Presentación da Escola Chéng Baô

Nihao amiguiñas e amiguiños: a festa foi estupenda e o noso amigo Long contounos o conto do galo Gong Yi, que está inspirado no seguinte conto tradicional galego http://www.viravoltatiteres.com/ver.asp?id=14

Temos novos alumnos e alumnas así que ademáis dos grupos do ano pasado, organizamos dous grupos novos para:

  1. Iniciación de chinés: os xoves de 17h. a 18h. para infantil

  2. Adultos: os mércores de 20h. a 21 h.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

Curso de chinés 2010-2011



Nihao:
xa volvemos cun novo curso da Escola Chéng Baô, que durará de outubro a maio. Este ano xa seremos 6 grupos para os diferentes niveis.

E para empezar ben, temos unha festa de Presentación o mércores 29 de setembro ás 18 h., na Casa das Linguas do Concello de Lugo (Acea de Olga).

Vémonos ali as familias que querades vir a acompañarnos ou pedirnos información.

jueves, 17 de junio de 2010

Festa de Clausura Curso chinés


Xa rematou o Curso de chinés 2009/2010 e, como xa e costume, fixemos unha festa para xuntarnos as alumnas e alumnos dos 5 grupos nos que organizamos os niveis da Escola Chéng Baô. A Concelleira Carmen Basadre entregou as Orlas, e as alumnas pequenas fixeron gala do aprendido, cantando cancións chinesas. ¡Henhao! ¡Na próxima festa os maiores tamen teremos que lucirnos! Felices vacacións e ata outubro, que voltaremos a Casa das Linguas do Concello.

Cuenta la leyenda....

Cuenta la leyenda....
Un hilo rojo invisible, conecta a aquellos que están destinados a encontrarse, a pesar del tiempo, del lugar, de las circunstancias. El hilo puede enredarse o tensarse, pero nunca puede romperse-